Illa defende que as CCAA dispoñen de "ferramentas legais" para dobregar a terceira onda

Por E.P. | MADRID | 17/01/2021 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, defendeu que as comunidades autónomas dispoñen de "ferramentas legais suficientes" para dobregar a terceira onda. "As autonomías xa poden decretar o que outros países chaman confinamento", sinalou o responsable de Sanidade nunha entrevista publicada este domingo en El País.

Aínda que recoñeceu que "custa moito" que descenda a ocupación das Unidades de Coidados Intensivos (UCI), asegurou que cos datos que hai agora en España "de momento non é preciso o confinamento domiciliario".

Así, Illa afirmou que o estado de alarma "funcionou" porque dá ás comunidades as ferramentas para restrinxir a mobilidade nos seus territorios con peches perimetrais, restricións de mobilidade nocturna e de reunión. Cada comunidade pode decidir se pecha sectores comerciais ou de lecer.

En referencia á campaña de vacinación, o ministro de Sanidade destacou que España está a ir "razoablemente ben", con máis de 768.000 doses administradas. "O obxectivo que temos é acabar esta semana coa administración da primeira dose nas residencias de maiores e o luns empezar coa segunda", precisou.

Por último, o candidato do PSC ás eleccións de Cataluña insistiu en que ata que empece a campaña electoral "está só o Illa ministro". "Dedicareime a facer campaña en campaña e, ata ese momento, dedícome ao 100% ás miñas tarefas de ministro", sentenciou.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa
O ministro de Sanidade, Salvador Illa | Fonte: R.Rubio - POOL.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta