A Xunta arrinca un proxecto piloto para reducir tempos na valoración de dependencia

Os puntos de referencia serán Celanova, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Verín, O Carballiño e Ourense.

Por E.P. | OURENSE | 17/01/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A Xunta trasladará a partir deste luns equipos de valoración da dependencia a seis comarcas da provincia de Ourense para reforzar o traballo dos servizos sociais e buscar "reducir o tempo de espera das solicitudes".

Segundo explica o Goberno galego nun comunicado, será unha iniciativa "piloto" que se aplicará durante medio ano e que, en función do seu impacto, se poderá replicar durante máis tempo.

En concreto, situarase un equipo en cada área xeográfica que atenderá a todos os concellos da súa zona. Así, os puntos de referencia serán Celanova, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Verín, O Carballiño e Ourense. En canto á veciñanza da área de Maceda, poderá trasladarse ao Concello da cidade das Burgas.

As persoas que teñan solicitada unha valoración de dependencia serán citadas a través do teléfono 012 con anterioridade. Só terán que acudir á oficina de valoración aqueles cuxa mobilidade llo permita, o resto serán valorados no seu domicilio, como ata agora.

Persoa discapacitada, en situación de dependencia
Persoa discapacitada, en situación de dependencia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta