Fernando Simón: "somos dos países europeos que mellor estamos a vacinar"

As CCAA administran 897.942 doses da vacina de Pfizer e Moderna, o 78,5 das recibidas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/01/2021 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

En España administráronse ata este xoves 897.942 dose das vacinas contra o Covid-19 de Pfizer e Moderna, o 78,5 por cento das distribuídas entre as comunidades autónomas, que ascende a 1.139.400 unidades.

O Ministerio de Sanidade facilitou esta información no informe de actividade do proceso de vacinación fronte á Covid-19 en base a datos recolleitos entre o 27 de decembro, día no que comezaron as vacinacións, e este luns 18 de xaneiro.

Os datos do departamento dirixido por Salvador Illa indican que nese período recibíronse en España un total de 1.103.700 doses da vacina de Pfizer e BioNTech, con 892.133 doses administradas e 2.315 persoas que recibiron xa as dúas doses. Así mesmo, as comunidades xa recibiron 35.700 dose da vacina de Moderna, e xa se administraron 5.809 delas.

"Está a administrarse o 79 por cento das doses que recibimos e, de feito, somos dos países europeos que mellor estamos a vacinar e cremos que, tras os problemas que houbo coa distribución da vacina de Pfizer, á semana que vén imos volver a recibir as doses habituais", dixo o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón.

Os territorios que máis están inmunizando son Melilla, con case o 100 por cento (1.205 de 1.289); Comunidade Valenciana, co 99,3 por cento (93.695 de 94.350); Canarias, co 98,8 por cento (42.113 de 42.610); Galicia, co 97,6 por cento (56.481 de 57.880); Cantabria, co 97,4 por cento (17.724 de 18.200); e Asturias, co 91,7 por cento (33.572 das 36.620).

No entanto, oito comunidades autónomas xa comezaron este domingo a administración desta segunda dose. Tras esta segunda dose, a vacinación necesita como mínimo unha semana para crear inmunidade, polo que o Ministerio de Sanidade lembrou que as medidas de prevención, o uso de máscara, distanciamento social e lavado de mans, deben manterse tamén entre as persoas vacinadas.

Evolución das vacinas contra o coronavirus administradas e as recibidas en Galicia
Evolución das vacinas contra o coronavirus administradas e as recibidas en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta