Satisfacción en Sada pola apertura do Pazo de Meirás malia as restricións pola pandemia

Polo momento, só poderá ser visitado polos veciños desta localidade debido ao peche perimetral do concello.

Por E.P. | Sada | 19/01/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O alcalde de Sada, Benito Portela, trasladou a súa satisfacción pola apertura dos exteriores do Pazo de Meirás o próximo 30 de xaneiro a pesar das limitacións pola pandemia que farán que, inicialmente, só poida ser visitado polos veciños desta localidade debido ao peche perimetral do concello.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Tas a reunión da comisión técnica na que se acordou esa data para abrir os exteriores e expúxose a segunda quincena de marzo para a apertura do interior do inmoble de estar garantidas as condicións de seguridade.

O rexedor confirmou que será unha apertura do pazo, tras a súa entrega ao Estado de forma provisional, "aos poucos". "Ir avanzando para o 15 de marzo", dixo sobre a data que se manexa para a apertura do interior.

Por outra banda, dixo que, cando llo remitan, analizarán o borrador de convenio que lles fará chegar o Goberno e que determinará o papel de cada administración. En canto ás visitas, sinalou que serán "limitadas os primeiros días polo peche perimetral", que comezará o xoves neste concello.

Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso valorou "os avances que se produciron no encontro".

"Tanto para reabrir o pazo á cidadanía, respectando as limitacións da situación sanitaria actual, como en algo tan importante como a creación da comisión de expertos que determinará os futuros usos do edificio, entre os que debe figurar a memoria democrática", incide.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta