Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 13:30
O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, os trámites necesarios para cumprir o acordo coa Deputación polo que o organismo provincial suplementa con 1,2 millóns de euros o plan de rescate (Presco) do consistorio. O Presco, aprobado por unanimidade en xuño do 2020, incluía, entre outras liñas de actuación, un orzamento de 4.985.000 euros para axudas directas a persoas autónomas e micropemes.
"Eses fondos xa están esgotados, pero temos o compromiso de non deixar a ninguén fóra, pagándolles axudas a todos os solicitantes que cumpran os requisitos", indica o concelleiro da Coruña de Ecomomía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas. Coa partida provincial, o goberno local coruñés eleva así o orzamento do Presco ata os 14,4 millóns de euros, como resultado do acordo asinado entre a alcaldesa, Inés Rei, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.