Os criadores de visón din cumprir "todos os protocolos" tras o foco de covid-19 detectado nunha granxa da Baña

Serán sacrificados 3.100 exemplares.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/01/2021 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A Asociación Española de Criadores de Visón (AGAVI) asegurou que o sector cumpre "todos os protocolos establecidos e con total transparencia" despois de que transcendese este xoves a existencia dun foco nunha granxa da Baña (A Coruña), na que se sacrificarán 3.100 exemplares.

Visóns nas gaiolas nas que son criados.
Visóns nas gaiolas nas que son criados. | Fonte: Europa Press.

A entidade explica que puxo en coñecemento das autoridades a situación da granxa da Baña en canto tivo os primeiros datos da análise que confirmou os positivos en SARS-CoV-2, cumprindo todos os protocolos establecidos e con total transparencia.

A asociación, que lembra que é o primeiro caso que se detecta en Galicia desde o comezo da pandemia, subliña que cumpre todos os protocolos e directrices de bioseguridade establecidos polo Goberno e as comunidades autónomas desde o comezo da pandemia.

Ademais, destaca que as condicións epidemiolóxicas do sector en España e Galicia difiren notablemente das que se dan en paísescomo Holanda e Dinamarca porque non se produce contratación de traballadores temporais de terceiros países e porque as explotacións "están illadas das demais granxas e núcleos de poboación".

"Somos conscientes da nosa responsabilidade e os primeiros interesados na prevención, vixilancia, e no seu caso, aplicación das medidas que sexan necesarias para evitar riscos derivados dunha eventual infección dalgunha granxa", sinala a asociación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pedroso

Non se pode sacrificar animais polo que diga un test, máis cando os test pcr dan moitos falsos positivos e asintomaticos.