Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 15:07
A conselleira de Política Social, Fabiola García, pide "un último esforzo" aos traballadores de residencias para que "non baixen a garda en ningún momento" mentres se completa a vacinación contra o coronavirus este mes de xaneiro.
A conselleira pediu aos traballadores que "manteñan todas as medidas de precaución", mentres lembra que "non hai plena inmunización" ata que pasan uns días da subministración da segunda dose da vacina.
Así mesmo, referiuse á intervención que tivo que realizar a Xunta da residencia Quercus do municipio ourensán de Leiro, que acumula 68 usuarios contaxiados e outros 15 traballadores con enfermidade activa, para apuntar que se van a facilitar todos os medios materiais e humanos necesarios.
A este respecto, mostra a súa preocupación por que o aumento da incidencia da covid en Galicia "repercute" nas residencias con novos casos entre maiores.
Por todo iso, pide un "último esforzo" aos traballadores, que levan traballando "sen descanso" estes meses, xa que "son días difíciles" e "van ser semanas complicadas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.