Galicia pechou o mes de novembro con case 20 días para pagamento a provedores

A Consellería de Facenda destaca que foi a segunda que pagou "máis rápido" as súas facturas, "só por detrás de Murcia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Galicia pechou novembro cun período medio de pago a provedores de 18,9 días, 13 menos que a media, segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Facenda.

A Consellería de Facenda destaca que foi a segunda que pagou "máis rápido" as súas facturas, "só por detrás de Murcia". O período medio de pago do conxunto de comunidades autónomas foi de 32,26 días.

En canto á débeda comercial, os datos de Facenda sitúan á comunidade galega como a cuarta con menor dato. O cociente débeda/PIB de Galicia situouse en novembro no 0,35%, por baixo da media autonómica, que foi do 0,46%.

En concreto, a débeda comercial do conxunto de comunidades era de 5.093 millóns de euros a peche de novembro, dos que 201 millóns (o 3,9%) corresponden a Galicia.

Valeriano Martínez. XOÁN CRESPO - Arquivo
Valeriano Martínez. XOÁN CRESPO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta