Un gromo de coronavirus no Hospital Psiquiátrico de Conxo deixa 36 positivos

Realizáronse catro cribados logo de detectarse o primeiro contaxio na noite do 11 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Un gromo de Covid-19 detectado no Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela, afecta a un total 36 persoas, dos que 17 son traballadores do centro e 19 pacientes.

Así o informaron fontes da área sanitaria de Santiago, que explican que o primeiro caso foi detectado na noite do 11 de xaneiro, cando un paciente deu positivo.  Ante iso, segundo sinalan estas fontes, realizouse un primeiro cribado a todo o persoal e pacientes do centro xa o día 12. Desde esa xornada, realizáronse un total de catro cribados para detectar posibles casos, nos que se rexistraron os positivos de 17 traballadores e 19 pacientes.

En concreto, no Hospital Psiquiátrico de Conxo reciben atención unhas 200 persoas e outros tantos traballadores, segundo sinalan estas fontes. Detallan que debido á situación sanitaria restrinxíronse as saídas dos pacientes así como as visitas.

A área sanitaria de Santiago subliña que desde o inicio da pandemia se puxo en marcha un plan específico de continxencia e prevención neste centro, no que tamén se levou a cabo a formación dos profesionais.

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta