Galicia rexistrou case 9.000 falecementos máis que nacementos no primeiro semestre de 2020

Perde 3.874 habitantes, a pesar dun saldo migratorio positivo en 5.152 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Galicia perdeu 3.874 habitantes no primeiro semestre de 2020, ao pasar de 2.702.592 a 1 de xaneiro a 2.698.718 a 1 de xullo, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este descenso, do 0,14%, sitúa a Galicia como cuarta pola cola, por encima das reducións que rexistrou Castela e León, Asturias e Estremadura. O saldo vexetativo de Galicia é negativo en 8.956 persoas, isto é: houbo ese número de mortes máis que de nacementos. Mentres, os saldos migratorios son positivos.

Así, o país recibiu do exterior a 4.334 habitantes máis dos que se foron ao estranxeiro durante o primeiro semestre e chegaron tamén 818 persoas máis doutras comunidades das que saíron cara a outros puntos do territorio español.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, a poboación de España aumentou en 18.953 persoas durante a primeira metade do ano e situouse en 47.351.567 habitantes. O saldo migratorio positivo de 113.856 persoas compensou, enparte, o saldo vexetativo negativo de 94.057 persoas. Por comunidades, Illes Balears (0,37%), Canarias (0,33%) e Rexión de Murcia (0,28%) experimentaron os maiores crecementos de poboación.

Evolución das migracións en Galicia. EPDATA
Evolución das migracións en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta