Temas: EDUCACIóN

O abandono escolar caeu un 12% en 2020 en Galicia, a cifra máis baixa desde que existen rexistros

En pouco máis dunha década, a porcentaxe de alumnos que abandonan a educación de forma prematura reduciuse á metade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Galicia rematiu o ano 2020 cunha media do 12% en abandono escolar temperán, medio punto por baixo do logrado 12 meses atrás e a cifra máis baixa desde que existen rexistros.

Varios alumnos entran a un colexio
Varios alumnos entran a un colexio | Fonte: Europa Press.

Diso informa a Consellería de Educación, que destaca que esta taxa supón cumprir co obxectivo marcado para España pola Unión Europea para o ano 2020, fixado no 15%.

Así as cousas, en pouco máis dunha década, a porcentaxe de alumnos que abandonan a educación de forma prematura reduciuse á metade, ao pasar do 25,8% de media do 2009 ao 12% de 2020.

A Xunta destaca que este "logro" é consecuencia do "esforzo de todos os axentes implicados no sistema eduactivo galego, no incremento da súa calidade e en facelo atractivo para a permanencia do alumnado", á vez que mostra o seu compromiso para "seguir traballando" de cara a conseguir os niveis dos países que son "referencia" neste ámbito.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta