Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 20:10
A primeira cicloxése esplosiva do ano, Justine, tocou xa Galicia con refachos de vento superaron os 100 quilómetros por hora no norte da provincia de Lugo este xoves, cando foi activada a alerta amarela nesta zona e a costa coruñesa.
En concreto, a maior parte da zona costeira e marítima da provincia da Coruña e o norte da de Lugo entraron en alerta amarela ás 12,00 horas deste xoves, un aviso que se prevé que se manteña activo ata as 21,00 horas.
Segundo informa Meteogalicia, para este xoves prevíronse ventos procedentes do suroeste de forza 7 no mar na Costa da Morte e a zona comprendida entre Ferrol e Cabo Ortegal. Así mesmo, os refachos de vento poderán superar os 80 quilómetros por hora na comarca lucense da Mariña.
Os valores máis altos rexistráronse entre as 13,00 e as 15,00 horas nas localidades lucenses de Muras e Viveiro, onde o vento superou os 100 quilómetros por hora. Ademais, os refachos de vento alcanzaron velocidades comprendidas entre os 80 e os 90 quilómetros por hora nos municipios lucenses da Pontenova e Abadín e os coruñeses de Vimianzo e Cedeira. Así mesmo, o maior nivel de precipitacións observouse en Lousame (A Coruña), onde caeron 56,5 litros por metro cúbico.
Mentres, a remisión das choivas na zona interior de Galicia permitiu evitar novas crecidas en ríos tras os desbordamentos que tiveron lugar nos últimos días, cando se encadeou a entrada de varias borrascas.
CAUDAL DE RÍOS DESBORDADOS
Fontes do Concello de Vilalba indicaron que o caudal dos ríos Ladra e Trimaz, que discorren pola localidade, "aínda excede o nivel habitual", pero non se detectaron incidencias nas últimas horas.
A situación tamén mellorou en Begonte, onde, segundo explicou o alcalde, José Ulla, o caudal do río Ladra reduciuse e non foi preciso volver cortar o tráfico en ningunha vía. Con todo, polo momento, a Xunta mantén activo o Plan especial de risco por inundación ante a subida de caudal nalgúns ríos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.