O Macizo Galaico incorporado, por fin, nas previsións de montaña da AEMET

Deste xeito incorpora predición a catro días relativa ao estado do ceo, precipitacións, treboadas, ventos e temperaturas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica acaba de incorporar tres novas áreas á súa predición meteorolóxica de montaña diaria: o Teide, a Caldeira de Taburiente e o Macizo Galaico-Leonés.

Así, desde este luns, 1 de febreiro, estas tres novas zonas únense ao nove xa existentes con contidos meteorolóxicos específicos: Ibérica Aragonesa, Ibérica Rioxana, Picos de Europa, Pirineo Aragonés, Pirineo Catalán, Pirineo Navarro, Sierra Nevada, Sierra de Gredos e Serras de Guadarrama e Somosierra.

A predición meteorolóxica de montaña que a Axencia Estatal de Meteoroloxía elabora e difunde en aberto diariamente a través da súa páxina web incorpora predición a catro días relativa ao estado do ceo, precipitacións, treboadas, ventos e temperaturas.

Esta información complétase e detalla para o día en curso e o día seguinte coa predición do vento en distintos niveis da atmosfera libre, especialmente útil para a práctica do alpinismo e afeccionados ao voo libre, e os niveis en atmosfera libre da isoterma de 0ºC e -10ºC, magnitudes que indican, entre outras cousas, o ritmo ao que se arrefría a atmosfera coa altura. Finalmente, engádese unha predición da temperatura máxima e mínima así como a sensación térmica asociada a estes valores en distintos puntos da área montañosa.

Con esta información, a Axencia Estatal de Meteoroloxía trata de cubrir as principais continxencias que en calquera actividade lúdica ou deportiva poidan aparecer como consecuencia da meteoroloxía, á vez que se ofrece información específica relevante que permita escoller o intervalo temporal e as zonas óptimas de execución das devanditas actividades nestas contornas.

Teixedal de Casaio, o monte máis antigo de Galicia, en Pena Trevinca
Teixedal de Casaio, o monte máis antigo de Galicia, en Pena Trevinca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta