Nace EcoCanle, un novo espazo na rede para informar da actualidade ecoloxista

Trátase dun programa en formato audiovisual que poderá verse online a través de YouTube.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 04/02/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

EcoCanle. Así se chama o novo espazo informativo sobre a ecoloxía galega que se puxo en marcha este mércores 3 de febreiro. "Trátase dunha ferramenta comunicativa dinámica ao servizo dos movementos ecoloxistas galegos, aberta e plural, na que terán cabida diferentes temáticas no ámbito do ecoloxismo", indican os impulsores.

Fotografía de Denís Estévez do bosque do Banquete de Conxo, que ilustra a obra.. DENÍS ESTÉVEZ - Arquivo
Fotografía de Denís Estévez do bosque do Banquete de Conxo, que ilustra a obra.. DENÍS ESTÉVEZ - Arquivo

O primeiro programa conta con entrevistas a Antón Lois de Amigos da Terra, Manoel Santos de Greenpeace Galicia e Ana Varela de Petón do Lobo, ademais de reportaxes sobre as desfeitas das canteiras de Budiño e sobre a contaminación na comarca da Limia. Tamén hai unha sección fixa sobre a caza.

"Nestes tempos de emerxencia climática e agresións á nosa Terra faise necesario visibilizar estas problemáticas dando a voz a persoas do ámbito do ecoloxismo e das plataformas que loitan contra a depredación de Galiza", indican os impulsores que destacan que é unha proposta aberta á cidadanía en xeral e ao ecoloxismo organizado en particular, ás sociedades ambientalistas e colectivos defensores da natureza, divulgadoras e educadoras medioambientais ou plataformas veciñais. "Nacemos coa vocación de poñernos ao seu servizo e contribuir a tecer rede e a sementar conciencia verde na nosa Terra", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta