Néstor Rego critica que os militares se vacinen antes que os traballadores de supermercados

"É unha decisión política?", preguntouse o deputado do BNG.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Novo episodio de polémica pola distribución das vacinas. Cando á fin comezan a quedar atrás os primeiros casos de cargos políticos e militares que saltaron a orde para que lles inocularan a vacina antes de tempo, agora é a propia orde disposta polo Ministerio de Sanidad a que levanta críticas e suspicacias na bancada política. A última voz en se erguer contra a orde disposta polo Goberno foi o deputado do BNG en Madrid, Néstor Rego.

O voceiro do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa. EUROPA PRESS
O voceiro do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa. EUROPA PRESS | Fonte: R.Rubio.POOL - Europa Press - Arquivo

Rego cargaba en duros termos contra a xerarquía deseñada polo Ministerio de Sanidad, chegando a poñer en dúbida que tal orde tivera connotacións máis políticas que sanitarias. En particular, afeaba que os membros do exército español recibiran as vacinas antes que, por exemplo, o "persoal de supermercados, comercios, hostalaría"... O Goberno anunciou días atrás que esta vaga de vacinación incluirá, á parte dos militares, a forzas policiais e docentes. Recibirán, se todo vai segundo o previsto, a vacina de AstraZeneca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta