¿Onde está Cuiña?

Nos últimos días especulase coa posibilidade da volta do ex vicepresidente da Xunta e ex alcalde de Lalín, Xosé Cuiña, ó primeiro plano da vida política, aínda que, neste caso, na política municipal...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2006 | Actualizada ás 00:46

Comparte esta noticia

O obxectivo de Cuiña é comprobar o apoio social que aínda ten na súa vila natal e que, según algúns dirixentes populares, podería ser suficiente para arrebatarlle a alcaldía ó seu ex amigo Pepe Crespo. Conta, ademáis, coas súas empresas e o apoio dalgún amigo empresario que aínda ten, para financiar a campaña. Pero non quere lanzarse sen ter as cousas moi claras.

Pretende asegurarse de que esta aventura non lle saia mal, como as anteriores. É a última oportunidade que ten para volver á política e non quere equivocarse. Segundo sinalan a este medio persoas do seu entorno, se ve que non é capaz de quitarlle a alcaldía a Crespo non se vai presentar.

No PP son conscientes desta xogada dende hai algún tempo, pero ó igual que o ex vicepresidente, a súa dirección xa ten bazas para xogar: os negocios de Cuiña e un xornal disposto a publicalos; La Voz de Galicia.

O de Lalín ten coma obxectivo matar tres páxaros dun tiro; a Crespo, arrebatándolle a alcaldía e a Rafael Louzán a Presidencia da Deputación provincial, cargos nos que el os colocou no pasado. Son os seus principais inimigos dende hai tempo e ós que sinala como os causantes da súa caída en desgracia. De paso, tamén quere que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, "leve un bo correctivo" nas municipais, especialmente, nunha zona que é un graneiro tradicional de votos populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

31 UN DE LALIN

SEÑOR DON JOSE CUIÑA ,YO LE VEO IR A MISA LOS DOMINGOS CON SU MADRE,USTED NO ME CONOCE ,NI ME DEBE NI LE DEBO ,SOLO CUENTE CONMIGO OK ANIMO CAMPEON

30 pirolas

O que parece é que, a algúns, fódelle moito que se poida escribir con libertade.
Están acostumbrados a domina-lo todo.
En Lalín vai haber moitas navalladas...estre os da dereita do PP.
Qué pasa?? Moi sinxelo: Uns teñen o poder e outros andan á súa procura.
Obxectivos: Os de sempre.
CHUPAR E MEDRAR.

29 pirolas

O que parece é que, a algúns, fódelle moito que se poida escribir con libertade.
Están acostumbrados a domina-lo todo.
En Lalín vai haber moitas navalladas...estre os da dereita do PP.
Qué pasa?? Moi sinxelo: Uns teñen o poder e outros andan á súa procura.
Obxectivos: Os de sempre.
CHUPAR E MEDRAR.

28 unpoquitodeporfavor

Por fin un comentario cun pouquiño de sensatez (o que fixo tomáoslo con calma). E polo visto faille falta a tódolos bandos. A min dame pena ver como dúas persoas das que teño boa opinión como políticos e como defensores de Lalín andan á greña e aireando trapos sucios. Non creo que eso os beneficie nin politicamente nin persoalmente. E o malo é que xa andan outros coa cana pescando... ¡que mal nos vai ir en Lalín como veña o bi-partido!

27 Raposa

Era un sarcasmo para falar do patrimonio de Cuiña a sua familia e de como esta todo a nome dunha anciana, que xa deberia de ter o Nobel ou polo menos, unha medalla Castelao polo seu facer empresarial en pro de Galicia, como se pode dudar do seu mérito?