¿Onde está Cuiña?

Nos últimos días especulase coa posibilidade da volta do ex vicepresidente da Xunta e ex alcalde de Lalín, Xosé Cuiña, ó primeiro plano da vida política, aínda que, neste caso, na política municipal...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2006 | Actualizada ás 00:46

Comparte esta noticia

O obxectivo de Cuiña é comprobar o apoio social que aínda ten na súa vila natal e que, según algúns dirixentes populares, podería ser suficiente para arrebatarlle a alcaldía ó seu ex amigo Pepe Crespo. Conta, ademáis, coas súas empresas e o apoio dalgún amigo empresario que aínda ten, para financiar a campaña. Pero non quere lanzarse sen ter as cousas moi claras.

Pretende asegurarse de que esta aventura non lle saia mal, como as anteriores. É a última oportunidade que ten para volver á política e non quere equivocarse. Segundo sinalan a este medio persoas do seu entorno, se ve que non é capaz de quitarlle a alcaldía a Crespo non se vai presentar.

No PP son conscientes desta xogada dende hai algún tempo, pero ó igual que o ex vicepresidente, a súa dirección xa ten bazas para xogar: os negocios de Cuiña e un xornal disposto a publicalos; La Voz de Galicia.

O de Lalín ten coma obxectivo matar tres páxaros dun tiro; a Crespo, arrebatándolle a alcaldía e a Rafael Louzán a Presidencia da Deputación provincial, cargos nos que el os colocou no pasado. Son os seus principais inimigos dende hai tempo e ós que sinala como os causantes da súa caída en desgracia. De paso, tamén quere que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, "leve un bo correctivo" nas municipais, especialmente, nunha zona que é un graneiro tradicional de votos populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

6 Maruxiña

E onde está Pérez Leira? Non ides falar del?

5 nerub

Cuiña foi vicepresidente de qué? eu non lembro que chegara a ter ese cargo... igual hai que informarse un pouco...

4 tino

Teria moito merito voltar a empezar pola politica municipal.

Hai que ter moito animo para despois de ter sido todo na politica galega, empezar por abaixo de novo e para quitarlle o sombreiro

3 Max

eu non sei onde está Cuiña, pero sei onde debería estar, liderando un Pp galeguista e non éste españoleiro opusiano. Marcha do PP Cuiña, alí só tes traidores e xente que con tal de sobrevivir políticamente mataría ós seus fillos (políticamente falando-

2 Max

eu non sei onde está Cuiña, pero sei onde debería estar, liderando un Pp galeguista e non éste españoleiro opusiano. Marcha do PP Cuiña, alí só tes traidores e xente que con tal de sobrevivir políticamente mataría ós seus fillos (políticamente falando-