Verín apela á responsabilidade nun Entroido 'en pause'

E faino co seguinte lema, "A nosa responsabilidade colectiva debe poñernos 'en pause' este Entroido". Unha mensaxe que loce nun mural xigante colocado na Praza García Barbón.

Por X.M. Fernández | Verín | 11/02/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Con esta iniciativa, o Concello de Verín quere enviar a todos os seus veciños unha mensaxe de esperanza, de confianza no futuro e de paciencia e contención nas presentes datas, por mor da pandemia.

Mural 'Entroido en pause'. Foto: Prensa do Concello de Verín
Mural 'Entroido en pause'. Foto: Prensa do Concello de Verín

"Pause non é stop", indican desde o consistorio, "senón agardar, reservar, aplazar, postergar, demorar, prorrogar, pero en ningún caso abandonar". As circunstancias presentes aconsellan "facer da paciencia máis virtude ca nunca", e procurar xeitos simbólicos de lembrar o noso maior patrimonio cultural, "que nestas datas ten que pasar por permanecer en pause".

"A nosa responsabilidade colectiva debe poñernos 'en pause' este Entroido"

Esta é a mensaxe que se quere trasladar á poboación, e para reforzala procedeuse á colocación dun cigarrón xigante na praza García Barbón, escenario central de tantas e tantas celebracións no Entroido.

Un emprazamento, que foi e será punto de concentración de milleiros de persoas dende o comezo do entroido ata o mércores de cinsa, lucirá estes días un xigante mural que, segundo o equipo de goberno local, "quere simbolizar, coa presencia da figura central do noso querido ciclo festivo, que todos estamos alí, aínda que cada un desde o noso corazón, cumprindo coa nosa responsabilidade para voltar con máis forza cando sexa posible. O entroido só está en 'pause', nunca en off".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta