Os concesionarios galegos perderon o 11,8% do seu negocio en 2020

A nivel estatal, a rede oficial de concesionarios perdeu 8.075 postos de traballo o ano pasado, aproximadamente un 5% do total.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Os concesionarios de automoción de Galicia perderon o 11,8% do seu negocio no ano 2020, froito da crise sanitaria e económica, segundo os datos publicados este luns pola patronal Faconauto.

En concreto, apuntan, o sector da distribución oficial galego pechou o pasado exercicio cunha facturación dos 1.636 millóns de euros, fronte aos 1.854 do ano anterior. Dos 189 concesionarios oficiais que operaban na rexión en 2019 pasouse a 174 no 2020, cun emprego de 6.433 persoas.

En canto ás áreas de negocio, a que máis sufriu, explica Faconauto, foi a de vehículo novo, cunha caída na súa facturación do 17,5%, con 1.015 millóns de euros. Pola súa banda, o negocio do vehículo usado creceu un 4,6%, facturando 386 millóns de euros.

A nivel nacional, os concesionarios perderon o 19% do seu negocio o pasado ano. O sector da distribución oficial pechou 2020 cunha facturación dos 35.895 millóns de euros, mentres que en 2019 fíxoo con 44.207.

Respecto ao emprego, a nivel estatal, a rede oficial de concesionarios perdeu 8.075 postos de traballo o ano pasado, aproximadamente un 5% do total, quedando en 153.425 traballadores. Para Faconauto, o mecanismo dos ERTE "foi esencial para manter o emprego no sector", pero advertiu de que "dificilmente" poderán manter as súas actuais estruturas se o mercado non remonta.

A RECUPERACIÓN, EN 2022

Segundo prevé Faconauto, para ver unha recuperación do sector haberá que esperar ata 2022, cando se estima que se volverán a alcanzar os 1,2 millóns de vehículos matriculados, unha cifra parecida á de 2019.

Concesionario. BMW - Arquivo
Concesionario. BMW - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta