O Congreso aproba unha iniciativa que pide garantir o emprego na central das Pontes, coa abstención de PNV e VOX

Reivindica unha transición xusta para a comarca de Ferrol, promovendo proxectos de futuro.

Por E.P. | Madrid | 16/02/2021 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A Comisión de Industria do Congreso aprobou este martes unha iniciativa que pide garantir o emprego na central térmica das Pontes (A Coruña) e reivindica unha transición xusta para a comarca de Ferrol, promovendo proxectos de futuro.

Endesa nas Pontes
Endesa nas Pontes | Fonte: Comité de empresa.

En concreto, o acordo partiu dunha proposición non de lei defendida polo deputado do BNG Néstor Rego sobre a que se chegou a un texto transaccionado que foi apoiado por todas as formacións excepto PNV e Vox, que optaron pola abstención.

Deste xeito, segundo indicou o Bloque, o texto aprobado pide condicionar o peche da central de Endesa a que se chegue a un acordo coa representación dos traballadores que garanta a continuidade do emprego e proxectos concretos de futuro.

Así mesmo, propón vincular a participación de Endesa na poxa de evacuacións e novas autorizacións, concesións e adxudicacións de megawatios á consecución dun acordo que garanta o emprego dos traballadores da empresa principal e as auxiliares. "A asignación de novas instalacións de produción de enerxías renovables nas Pontes e en toda a comarca conterá, necesariamente, un proxecto de desenvolvemento económico e un plan industrial para a súa execución", apunta o Bloque.

Así mesmo, solicita posibilitar que a concesión de acceso aos nodos de rede afectados polos peches das térmicas en Galicia sirvan para incentivar a implantación de proxectos nos territorios que perden tecido empresarial e blindar o emprego nestas zonas onde se poxa a capacidade de acceso á rede de transporte.

Ademais, esixe garantir a implementación de novos proxectos industriais na comarca, cumprir tanto os obxectivos como a diferentes medida do Plan de Acción Urxente 2019-2021 para comarcas de carbón e centrais en peche, e ofrecer unha solución de continuidade industrial a esta planta.

Tamén insta o Estado a convocar de forma urxente a Mesa de Traballo para unha Transición Enerxética Xusta para As Pontes, así como á constitución dunha mesa específica para tratar os problemas da industria auxiliar de Endesa.

Así mesmo, demanda a implicación do Goberno de España e a Xunta para apoiar os proxectos industriais na zona para optar aos fondos europeos e avanzar no convenio de transición xusta para As Pontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta