O Sergas realizará un cribado a 1.500 persoas dun colexio de Santiago tras acumular 11 positivos

Educación asegura que se fan "en moitísimos centros de Galicia con criterios sanitarios en función da situación epidémica da contorna"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas), a través do Servizo de Medicina Preventiva, puxo en marcha un cribado preventivo a 1.500 persoas entre alumnado e persoal o colexio da capital galega La Salle tras acumular 11 positivos de Covid-19 e unha aula pechada ata os últimos datos publicados o sábado --xa que ata este xoves non se renovan as clases debido ao parón lectivo de Entroido--.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, este cribado, que se leva cabo entre este martes e xoves, faise de modo "preventivo" no marco de actuacións que se realizan en centros educativos "cando Mediccina Preventiva fai un estudo dos casos e analiza a conveniencia do cribado".

Tras insistir en que se trata dunha "decisión estritamente sanitaria", as mesmas fontes resaltaron que se trata do segundo centro da capital galega no que se realiza un cribado tras o levado a cabo o pasado mes de xaneiro no IES Antón Fraguas e o terceiro nesta área sanitaria galega, na que se fixo outro nun IES de Vilar de Cruces.

Por parte de centro educativo informouse aos pais que a Xunta lles trasladou que se realiza este cribado co fin de "detectar posibles casos asintomáticos" despois de ter nos últimos días "varios positivos en Secundaria". Para o centro, trátase de "unha boa iniciativa para minimizar o risco de contaxio". Por iso, foron citado os alumnos, profesores, coidadores de comedor, persoal de administración e servizos, ademais de persoal de limpeza e de comedor.

O colexio concertado La Salle de Santiago concentra, segundo os últimos datos de casos difundidos pola Xunta o sábado pasado 11 positivos e unha aula pechada. Trátase do mesmo número de contaxios que os contabilizados polo IES Lamas de Abade. Ambos rexistran o maior número de contaxios na actualidade en Santiago de Compostela.

Por parte da área sanitaria de Santiago e Barbanza indicaron que o cribado realizarase a 1.500 persoas deste centro escolar, ao que se cita desde este martes vía SMS para acudir ao Covid auto instalado no Hospital Gil Casares.

Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta