Vox, Unidas Podemos e o BNG soben en intención de voto, segundo o último barómetro do CIS

O PSOE mantense e o PP cae. A diferencia entre as dereitas e as esquerdas segue moi axustada.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Vox, co 13,6% dos apoios, é a formación política que máis crece en intención de voto en España no último mes, seis décimas. O outro gran beneficiado é Unidas Podemos (11,2%), que saca rédito da súa estratexia de confrontación co PSOE e sobe cinco décimas. Así o acredita o segundo o barométro do CIS feito público este xoves. Un crecemento que tamén experimenta o BNG, a quen lle dá un 0,7% en intenció de voto, dúas décimas máis que no anterior estudo

Barómetro de febreiro de 2021 do CIS
Barómetro de febreiro de 2021 do CIS

Segundo a sondaxe, o outro gran beneficiado é Unidas Podemos (11,2%), que saca rédito da súa estratexia de confrontación co PSOE e sobe cinco décimas.  Os socialistas teñen os mesmos resultados (30,7% que no barómetro anterior, o mesmo que Ciudanos (9,3%).Os de Pablo Casado caen por baixo da barreira dos 20 puntos. Están no 18,8%, 1,7 puntos menos que no barómetro de xaneiro. Deste xeito, Pedro Sánchez amplía así a súa vantaxe sobre o PP en 12 puntos.

Con todo, a diferenza entre os dous bloques ideolóxicos segue estando moi axustada. A suma de PSOE e Podemos logra o 41,9% dos apoios mentres que PP; Vox e Cs obteñen o 41,7%. O traballo de campo realizouse do 3 ao 11 de febreiro, en plena contenda das autonómicas catalás e coincidindo cos choques entre os dous socios de Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta