A residencia de Oleiros ao bordo do colapso por falta de persoal

A CIG denuncia que hai tres auxiliares de enfermaría para atender a 44 residentes na quenda de tarde. Responsabilizan directamente á conselleira Fabiola García.

Por Galicia Confidencial | Oleiros | 20/02/2021 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A Residencia de Oleiros, xestionada pola Xunta de Galicia, está ao bordo do colapso. É a denuncia que fai a CIG que denuncia que se están a “soportar unhas condicións de traballo na quenda de tarde e de mañá de absoluto desbordamento pola falta de persoal auxiliar de enfermaría” para atender aos maiores e cumprir coas restricións da covid.

Nun comunicado, denuncia que na quenda de maña dos mércores hai cinco auxiliares de enfermería teñen para atender a 44 residentes, o 90% deles, con severos problemas de mobilidade. “Isto conleva un sobre esforzo do persoal e incumprimento das ratios sinaladas para centros de asistidos”, di o sindicato que critica que na quenda de tarde quedan 3 auxiliares de enfermeria para 44 residentes.

A CIG pediulle ao director do centro que non escape das súas responsabilidades e tome con urxencia medidas para evitar a paralización da atención nas plantas por falta de persoal. “Un colapso que pode suceder en calquera momento”, advirte.

Por iso, responsabilizan directamente á conselleira Fabiola Garcia do que está a acontecer “sempre despreocupada e carente de empatía cos problemas e situacións que se están a soportar nas residencias de maiores, moi lonxe do panorama idílico e bucólico que a conselleira vende nos medios de comunicación que por desgracia solo difunden a súa versión propragandística”.

Dúas mulleres á entrada dunha residencia de anciáns
Dúas mulleres á entrada dunha residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta