A pandemia agravará o problema demográfico galego: máis incerteza e menos nacementos

Un estudo do OGDD conclúe a que a covid dificultará a emancipación das novas xeracións, agravando a baixa natalidade galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Un informe do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica de xaneiro deste ano, remitido ao Parlamento pola Consellería de Política Social no marco da comisión impulsada para a reactivación económica e social de Galicia, ratifica que a pandemia introduce novas ameazas para a crise demográfica.

Imaxe recurso de dous anciáns
Imaxe recurso de dous anciáns

O documento, ao que tivo acceso Europa Press, incorpora unha análise 'DAFO' --de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades-- derivado da irrupción da covid-19 e os seus efectos na Comunidade. Entre as debilidades, por exemplo, sitúa as limitacións derivadas dunha "falta dunha comprensión en profundidade do cambio demográfico".

Pero tamén ratifica que a pandemia "está a agravar o xa acusado atraso na emancipación residencial e na autonomía persoal" nos máis novos, apunta á "deficiente atención" ao papel dos maiores na sociedade e alerta do "incremento da preexistente inestabilidade e precariedade laboral" dunha parte "importante" da poboación, as dificultades de conciliación ou as dificultades de mobilidade e o freo á inmigración.

De feito, no apartado de ameazas, aínda que alude á "carencia de datos", de momento, que permitan determinar o impacto exacto da covid-19, si apunta que se espera no "curto prazo" un descenso da natalidade (xa moi baixo) debido a resposta da mesma "aos shocks económicos e ao desemprego", así como ao "maior atraso na emancipación da mocidade".

A todo iso súmase o clima de incerteza económica, pero tamén "de toda índole", xerado pola pandemia, acompañado dun incremento da vulnerabilidade e da percepción de inseguridade. Pero ademais constátase que a actual pandemia pon en evidencia "as vulnerabilidades dunha poboación en proceso de envellecemento aínda que se descoñece se se se vai a alterar a tendencia xeral positiva da esperanza de vida".

IMPLICACIÓN DOS CONCELLOS

Pero entre as ameazas, o Observatorio sitúa tamén a consideración da conciliación como un tema que afecta só as mulleres", polo que aposta por potenciar a educación en igualdade ou valorar a importancia do coidado na reprodución social, así como "eliminar as trabas de promoción laboral" ás que se enfrontan as mulleres en idade reprodutiva.

Tamén alerta de que "máis que nunca" é preciso situar no centro do debate político e cidadán a preocupación pola calidade de vida; e alude a "desaxustes anteriores entre todas as partes interesadas no deseño de políticas demográficas e na coordinación multinivel das administracións públicas". Neste punto menciona a existencia de "normativa que exclúe ou dificulta a participación do ámbito local no desenvolvemento de distintas competencias".

Para afrontar estas ameazas, o Observatorio expón "reforzar e mellorar a coordinación" nos diferentes ámbitos da acción pública, incentivando a coordinación e que "todas as partes interesadas" aprticipen no deseño de políticas demográficas. De feito, insta a revisar a normativa vixente para "garantir a participación activa" da administración local na abordaxe do reto demográfico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta