Temas: VERIN URBANISMO

Paso importante para a ordenación urbana de Verín

O concello aprobou recentemente en pleno ordinario, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e BNG e a abstención do Partido Popular, o novo Instrumento de Ordenación Provisional Urbanística (IOP).

Por X.M. Fernández | Verín | 23/02/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A aprobación deste Plan de ordeación, apuntan dende o goberno local, "aportará seguridade xurídica urbanística a toda aquelas persoas que queiran desenvolver proxectos en Verín, fortalecendo o desenvolvemento económico e social da vila nos próximos anos".

Pleno ordinario febreiro 2021. Foto: Prensa Concello de Verín
Pleno ordinario febreiro 2021. Foto: Prensa Concello de Verín

A decisión de tramitar estas medidas provisionais de ordenación urbanística vén dada trala declaración de nulidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín do ano 2012 por sentenza firme do Tribunal Supremo no ano 2017. Entre as diferentes consecuencias xurídicas derivadas da declaración de nulidade do PXOM de Verín do 2012, destaca sobre todo que retoma como normativa urbanística municipal as Normas Subsidiarias de Planeamento do ano 1986.

"Todo o mundo estará de acordo en que as normas subsidiarias do planeamento urbanístico do ano 1986 non responden nin o actual modelo de vila nin ás necesidades urbanísticas existentes hoxe. Aplicar hoxe, no ano 2021, esta normativa resulta incompatible con lograr os obxectivos de benestar económico que deben impulsar as actuacións públicas deste concello", explicaron dende o executivo municipal.

Así mesmo, o IOP impulsado polo goberno municipal cumpre rigorosamente o disposto na Lei 2/2017 do 8 de febreiro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación (LMFAO) e que se limita a recuperar o solo urbano consolidado da vila de Verín e o solo de núcleo rural dos distintos pobos, tal e como aparecían no PXOM 2012.

Temas: VERIN URBANISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta