As universidades galegas recuperan as clases presenciais

O Sergas citou a máis de 58.000 alumnos a un cribado entre o sábado e o xoves

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/02/2021 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

As universidades galegas retoman as clases presenciais a partir deste luns tras un período de actividade totalmente telemática, debido ás restricións impostas polo Goberno galego a finais de xaneiro para tentar paliar as malas cifras rexistradas na terceira onda da covid-19.

Alumnos de universidade
Alumnos de universidade | Fonte: Europa Press.

A Xunta tomou esta decisión a finais de xaneiro como parte dun plan medidas e restricións para conter a mobilidade da poboación, neste caso dos estudantes, e así pór freo aos contaxios e ao incremento exponencial de casos activos.

A experiencia telemática iniciouse o 8 de febreiro, coincidindo co segundo cuadrimestre nas universidades, debido a que ata ese momento non se estaban celebrando clases pola celebración dos exames nas facultades.

Este período totalmente telemático estenderíase, polo menos, ata o 17 de febreiro e o comité clínico celebrado o luns 15 decidiu levantar as restricións nestas institucións.

As tres universidades galegas manifestaron, en todo momento, que tiñan todo preparado para retomar as aulas e a actividade presencial e os reitores defenderon as institucións como un espazo seguro.

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, trasladara que "todos os datos" primeiro cuadrimestre "demostran que non hai un problema de contaxios dentro dos espazos universitarios" e que os protocolos asumidos neste ámbito "funcionaron moi ben".

"A sensación, baseada en datos, é que é a universidade é un lugar seguro. Non hai gromos. Cada vez que aparece un caso, que evidentemente aparecen, moi por baixo da media da sociedade en todos os sectores, incluído o alumnado", defendeu, pola súa banda, o seu homólogo vigués, Manuel Reigosa.

CRIBADO A ALUMNOS

De forma paralela, as autoridades sanitarias atópanse desde este sábado realizando un cribado entre o alumnado universitario en todos os campus galegos.

Un total de 58.151 alumnos serán citados por SMS para participar nas probas que, como avanzara o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, consistirán en test de antíxenos.

O cribado estenderase ata o próximo 4 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta