O Sergas insta a chamar ao 981 569 540 a maiores de 80 anos non citados a vacinar

Di que se non os chamaron a todos é porque os datos non están actualizados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) insta a chamar ao teléfono habilitado 981 569 540 ás persoas maiores de 80 anos que aínda non foron citadas para vacinarse fronte á Covid-19 e que teñan a certeza de que os datos do seu cartón sanitario non están actualizados.

Así o indicou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, para lembrar que os galegos teñen á súa disposición "varias ferramentas para actualizar os datos do cartón sanitario", ben a través da páxina web www.sergas.es ou a través do centro de saúde correspondente --vía telefónica ou presencial--.

Ademais, incide en que co inicio do Plan de Vacinación, o departamento sanitario autonómico pon a disposición da cidadanía outro número máis, este 981 569 540, que activa un desvío de chamadas "para contar con maior número de operadores para poder atender a demanda".

Por tanto, ante o "elevado número de chamadas recibidas" na xornada deste luns, sobre as 100.000, o Sergas lembra á cidadanía que "só é necesario que chamen, neste momento, os maiores de 80 anos que aínda non foron chamados para vacinar" e, engade, "teñan a certeza de que os datos do seu cartón non están actualizados".

Inicio da campaña de vacinación fronte á Covid-19 para o colectivo de maiores de 80 anos no centro de saúde de Milladoiro / Xunta de Galicia. / Europa Press
Inicio da campaña de vacinación fronte á Covid-19 para o colectivo de maiores de 80 anos no centro de saúde de Milladoiro / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta