Liberada unha muller en Pontevedra logo de quedar apreixada cando saída dun ascensor

A muller atopábase ben, pero necesitaba axuda tras sufrir un contratempo cando saía do ascensor e tras quedar atrapada entre a porta do aparello e a parede do edificio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

Efectivos dos Bombeiros de Pontevedra liberaron a unha muller que quedou atrapada despois de sufrir unha caída cando trataba de saír do ascensor dun edificio en Pontevedra.

En concreto, tratábase dun inmoble situado na Rúa de Ramón Cabanillas e foi un familiar quen deu ela viso ao 112 Galicia do ocorrido, sobre as 15,00 horas.

A muller atopábase ben, pero necesitaba axuda tras sufrir un contratempo cando saía do ascensor e tras quedar atrapada entre a porta do aparello e a parede do edificio.

Tras finalizar a intervención, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que a muller puido ser liberada e que ata o lugar compareceu un equipo de urxencias sanitarias para prestarlle asistencia.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta