A Xunta ensina como repartir 1.000 euros de axudas covid "de xeito fácil e áxil"

Detalla a máis de 100 municipios un "sistema áxil" para repartir subvencións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, detallaron a máis dun centenar de municipios un sistema para que poidan repartir axudas de ata 1.000 euros por hostaleiro.

María Jesús Lorenzana e Alfonso Rueda. Xunta de Galicia
María Jesús Lorenzana e Alfonso Rueda. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

O obxectivo é conseguir unha maior axilidade. Para iso, a Administración autonómica tramitará os pagos --a través da súa plataforma de repartición-- para que os municipios pudan dar directamente as subvencións aos beneficiarios dos seus municipios.

Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, este sistema espertou o interese de concellos de "todas as cores políticas". Os municipios interesados deberán formalizar a súa adhesión ao convenio a partir do 23 de marzo. Estas axudas complementaranse ao denominado II Plan de Rescate, que pon en marcha a Xunta, e que leva recibidas máis de 32.000 peticións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta