O PSOE de Ourense propón un grupo de traballo que capte fondos europeos ante a "pasividade" de Jácome

Os socialistas critican que o "microgoberno" de Jácome continúe ata fin da lexislatura co apoio do PP de non cambiar os populares a súa postura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2021 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Ourense anunciou que presentará unha moción no pleno municipal que se celebrará o vindeiro venres para solicitar no Concello de Ourense a posta en marcha dun grupo de traballo orientado a captar os fondos de recuperación europeos.

Os socialistas advirten da importancia destes fondos de recuperación europeos, que definen como "o Plan Marshall do século XXI", e alertan de que a "pasividade do microgoberno de Jácome pode lastrar unha oportunidade histórica" para cambiar a terceira cidade de Galicia e "lanzar proxectos crave".

O concelleiro socialista Javier Rey incidiu na "necesidade" de conseguir estas partidas que "suporían 140 millóns para o próximos seis anos" e lembrou que "as primeiras convocatorias comezarán esta primavera". Así, destacou que se trata dun "tren de reactivación da economía que se se perde haberá poucas posibilidades semellantes ao longo das seguintes décadas".

Os socialistas precisan que "non é unha cuestión só paliativa da era postcovid" senón que se trata dunha oportunidade para traballar de forma ambiciosa polo Concello de Ourense, propondo entre os plans o investimento en tecnoloxía, I+D, moda, alimentación e fundamentalmente termalismo e xeotermia.

Sobre a xeotermia destacaron que encaixa perfectamente no "eixo da transición ecolóxica", un dos principios fundamentais dos fondos Next Generation, mentres que o termalismo contaríase " como elemento de cohesión social".

Neste sentido, sinalaron que sería unha gran oportunidade se houbese un proxecto de calidade pero lamentan que, "mentres outros concellos españois teñen departamentos específicos creados para a ocasión, o de Ourense "non ten unha folla de ruta máis aló das ocorrencias puntuais do microgoberno liderado por Pérez Jácome".

Nesta liña, o portavoz municipal do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, lamentou, ademais, que de ámbito termal Ourense "só ten o nome", censurando "non se pode seguir esperando polo Concello posto que hai que evitar que se perda outra oportunidade, como a devolución de case un millón e medio pola subvención da praza de abastos" ao non cumprir os prazos prometidos.

CONTINUACIÓN DO MANDATO

Precisamente, sobre o "microgobierno" de Jácome, Villarino criticou que o rexedor de Democracia Ourensana garantir que vai continuar dous anos e tres meses máis, ata as seguintes eleccións, apelando ao Partido Popular e insistindo en que "digan publicaamente se o apoiarán para que así sexa". "O alcalde non pode garantir que siga gobernando. Para eles ten que ter un número suficiente de concelleiros cosa da que carece", incidiu.

Tras iso, fixo fincapé na necesidade dun pronunciamento público por parte do Partido Popular ao asegurar que, durante a xornada do martes, "despois das críticas recibidas polos partidos da oposición", decidiron abandonar a Xunta de Goberno Local á que xa se reincorporou Telmo Ucha, recuperando o quórum necesario para poder celebralas.

Villarino solicitou que "expliquen se o pensan seguir mantendo no goberno" e tachou o seu mandato de "regencia perniciosa para a cidade". Nesta liña, esixiu que "se deixen de escusas e faciliten o desaloxo de Jácome sen esixir o veto ao representante que saíu elixido as urnas" engadindo que o Partido Socialista está disposto a chegar "acordos con quen sexa por Ourense".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta