Feijóo renomea ao BNG coma "Bloque Independentista Galego" pola deriva pro ERC, Bildu e CUP

Di que as alianzas do Bloque cos partidos independentistas cataláns e vascos e "calafriante".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A aparición dun novo grupo dentro do BNG que aposta polo soberanismo e o independentismo, o Movemento Arredista, serviulle novamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para arremeter contra a formación que lidera Ana Pontón. Unhas críticas que chegan tras o dure cruce de acusacións que mantiveron os dous líderes políticos a conta dos acordos do BNG con independentistas vascos e cataláns, pero que foron acollidos de xeito moi morno polos grandes medios galegos pola virulencia dos ataques de Feijóo contra Pontón.

A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.
A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.

"Iso xa é unha constante nese partido e, como galego, non teño ningún interese en que a segunda forza galega sexa independentista", dixo. "Pero polo que di e fai entrou xa nunha deriva independentista e xa podía ir pensando en mudar de nome cara ao de Bloque Independentista Galego para aclararllelo aos galegos", chanceou.

Neste sentido, volveu lembrar os acordos e pactos entre o BNG e forzas soberanistas catalás e vascas, como Bildu, ERC ou as CUP. A última un manifesto lido conxuntamente no Congreso durante a conmemoración do 23F. "É calafriante para os galegos que non están de acordo con esa radicalización", espetou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta