A Deputación de Pontevedra únese ao grupo de traballo sobre Boas Prácticas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Porase en marcha a Rede de Entidades locais para a Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Por E.P. | Pontevedra | 04/03/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra formará parte dos grupos de traballo sobre Boas Prácticas e Experiencias de Xestión na implementación local dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), que porá en marcha a Rede de Entidades locais para a Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Así o confirmou a presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, tras participar na sesión do Consello de Goberno no que participa a Deputación.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, nunha reunión telemática da Rede de Entidades locais para a Axenda 2030, da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, nunha reunión telemática da Rede de Entidades locais para a Axenda 2030, da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) | Fonte: Europa Press

A FEMP considera fundamental a achega de entidades locais para axudar na implementación dos ODS e, de feito, a Deputación de Pontevedra xa remitiu as iniciativas de boas prácticas desenvolvidas na súa xestión.

Segundo explicou Carmela Silva, a intención da Deputación de Pontevedra é "seguir profundando nesas actuacións coa participación nos grupos de traballo que se formarán a partir de agora".

A Rede de Entidades locais tamén coñeceu os avances do documento sobre a estratexia para implementar a folla de ruta da Axenda 2030, e a presidenta provincial puxo de manifesto a importancia de que os concellos formen parte das directrices. Segundo recalcou, deberían participar "tanto na definición da estratexia como na asunción de recursos para aplicala a nivel local".

Na actualidade, forman parte da Rede de Entidades locais para a Axenda 2030 un total de 266 entidades locais, pero pronto a cifra aumentará ata as 280. Unha cuarta parte dos integrantes son concellos de menos de 2.500 habitantes, o que evidencia "a necesidade destes concellos de facerse ver no ámbito dos ODS", segundo recalcou o presidente da Rede, José Hila.

Entre as novas iniciativas anunciadas este xoves na sesión do Consello de Goberno, está a celebración de cursos de capacitación e formación na Axenda 2030 destinado a persoal das entidades locais, que vai pór en marcha a FEMP, e nos que tamén participará a Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E formará parte das Boas Prácticas ocultar e privatizar a información pública en Vigo ? Será marca da casa secuestrar a democracia ? Pero o máis alucinante é que ninguén dí absolutamente nada sobre o tema ! Será que xa estamos vivindo na fase "para chulería la mía" ? https://twitter.com/00Gamela/status...