Temas: XUNTA VIVENDA

A Xunta elimina a condición de ser menor de 35 anos para acceder ás axudas á compra de vivendas en centros históricos

A liña de subvencións con 600.000 euros publicarase este mes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

A Xunta rebaixa os requisitos para ser beneficiario da liña de axudas de 600.000 euros, que se publicará este mes, para a compra de vivendas en case medio centenar de centros históricos. Deste xeito, elimina a condición de ser menor de 35 anos para acceder á axuda. Con todo, incluirá unha gradación das subvencións en función da idade do solicitante. Os apoios poden ser de ata 15.000 euros no caso de inmobles adquiridos nunha Área Rexurbe.

Unha persoa camiña por unha das rúas de Ribadavia o día da entrada en vigor de novas medidas e do peche perimetral do concello debido á crise do Covid-19, a 14 de novembro de 2020
Unha persoa camiña por unha das rúas de Ribadavia o día da entrada en vigor de novas medidas e do peche perimetral do concello debido á crise do Covid-19, a 14 de novembro de 2020 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo.

Ademais, amplíase o límite máximo de ingresos a 5,5 veces o IPREM --ata agora eran tres veces--, é dicir, non superar os 41.357 euros ao ano.

Entre os requisitos desta terceira convocatoria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, atópase tamén ter nacionalidade española ou residencia legal en España. A compra da vivenda debe realizarse a partir do 1 de xaneiro de 2021, mediante contrato privado ou escritura de compravenda.

O beneficiario debe estar empadroado na vivenda adquirida e non posuír outro inmoble. Ten que estar nun dos 47 centros históricos contemplados. Ademais, a vivenda ten que estar construída, xa sexa nova, usada ou que vaia a rehabilitarse.

Temas: XUNTA VIVENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta