Os contaxios diarios aumentan por cuarto día aínda que cae a presión asistencial

Só baixan os novo casos na área de Pontevedra e Ferrol.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/03/2021 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Os contaxios por coronavirus en Galicia aumentan por cuarto día consecutivo até os 210, 19 máis, nunha xornada na que seguen caendo tanto a presión asistencial, en planta e en UCI, até as 400 persoas, 48 menos que o día anterior, como os casos activos, 4.168 (-285).

Un cribado para detectar casos de Covid na área sanitaria de Santiago e Barbanza.. ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO
Un cribado para detectar casos de Covid na área sanitaria de Santiago e Barbanza.. ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, até as 18:00 horas do xoves, nas unidades de críticos había 89 persoas (4 menos), mentres que en planta estaban ingresados 311 pacientes, 44 menos que no cómputo previo.

Durante a última xornada realizáronse 8.114 PCR polas 7.409 do día anterior, o que supón que en total se fixeron 1.700.113 probas deste tipo e outras 781.831 serolóxicas. Por áreas sanitarias, A Coruña rexistra 1.388 casos activos, 104 menos, tras 71 novos positivos por PCR, oito máis; mentres que Vigo suma 722 casos activos (36 menos), tras 38 novos positivos por PCR, tres máis que o día anterior.

Pontevedra tamén continúa co descenso de casos activos, até os 599 (-33), con 14 novos positivos por PCR, 4 menos. As áreas de Lugo con 373 casos activos (-28) e 18 novos contaxios (9 máis); Santiago, 460 (-9) e 22 positivos (13 máis); e Ferrol, 376 (-48) e 7 positivos (9 menos) tamén seguen reducindo os casos activos de modo sostido, mentres que os casos na área de Ourense caen outros 27, até os 250, e son 6 os novos contaxios, cinco menos.

HOSPITALIZADOS

Os hospitalizados descenden en todas as áreas sanitarias galegas, agás na de Santiago e Barbanza, onde se manteñen 14 pacientes Covid en UCI --sen cambios--, pero soben a 49 os ingresados noutras unidades --cinco máis--.

Por contra, o maior alivio en hospitalización corresponde á área da Coruña e Cee, onde baixan a 31 os pacientes en UCI --dous menos-- e a 97 os que se atopan noutras unidades --29 menos--; seguida da de Ourense, onde aínda que aumentan a tres o críticos --un máis--, descenden a 25 os doutras unidades --nove menos--.

Tamén se reducen os ingresados na área de Pontevedra e O Salnés, con nove pacientes Covid en UCI --dous menos-- e 29 noutras unidades --tres menos--; así como na de Vigo, onde aínda que hai un máis en críticos --13--, caen a 56 os doutras unidades --seis menos--.

En canto á de Ferrol, as persoas con coronavirus ingresadas en UCI baixan a seis --unha menos-- e as que permanecen noutras unidades de hospitalización redúcense a 35 --dous menos--; mentres que na área de Lugo caen a 13 o críticos --un menos-- e mantéñense en 20 os que se atopan noutras unidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta