Música coas mans en Pontevedra para sensibilizarse cos problemas da diversidade sensorial

O alumnado do colexio San José interpretou distintas pezas dentro do prorama ‘Manciñas 20Vente-20Vente’.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 05/03/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O alumnado do colexio San José de Pontevedra protagonizaron este venres unha actuación na que interpretaron con lingua de signos a canción dos días da semana e o tema musical do artista Nelson Quinteiro ‘Nun bou’, no marco do programa municipal inclusivo ‘Manciñas 20Vente-20Vente’. 

Alumnado de Pontevedra interpreta coa linguaxe de signos ‘Nun bou’, no marco do programa municipal inclusivo ‘Manciñas 20Vente-20Vente’
Alumnado de Pontevedra interpreta coa linguaxe de signos ‘Nun bou’, no marco do programa municipal inclusivo ‘Manciñas 20Vente-20Vente’ | Fonte: Concello de Pontevedra

Esta actuación contou cunha gran implicación por parte de alumnado de diversos cursos do centro escolar, entre eles, o alumnado de 4º,  5º e 6º curso. Posteriormente tocoulles a quenda aos de 3º Primaria, que tiveron como espectadores aos de 1º e 2º curso.

O acto, no parte dos rapaces ‘cantaron’ coas súas mans e os demais fixeron as veces de público con luvas de cores (con mensaxes reivindicativas), contou coa asistencia do concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, impulsor do proxecto, así como do tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández; a edil de Igualdade, Yoya Blanco e a presidenta da Organización de Persoas con Diversidade Sensorial (Xoga), María Jesús Monterde, así como do propio Nelson Quinteiro, que acompañou á rapazada cantando e bailando.

 

Marcos Rey lembrou que o programa ‘Manciñas 20Vente-20Vente’ “foi deseñado co obxectivo de sensibilizar á comunidade educativa de Pontevedra sobre a diversidade sensorial e o emprego da lingua de signos como vehículo de comunicación”. “É importante reseñar o seu carácter interdisciplinar e innovador, xa que se vai construíndo grazas as achegas da comunidade docente, do alumnado e das entidades sociais, entre outras”, explicou o concelleiro socialista.

 

SORPRESA

Os pequenos foron sorprendidos coa visita e a actuación de Nelson Quinteiro, compositor de ‘Nun bou’, pertencente ao quinto clip do disco ‘Músicas de domingo’, realizado co pianista Brais González. O programa ‘Manciñas 20Vente-20Vente’ permite entablar un ‘feedback’ co autor, que consiste en enviar un vídeo onde o alumnado represente o tema en lingua de signos coas contribucións que consideren oportunas, como bailes, coreografías, ou ambientación. Todos estes vídeos subiranse ao enlace de Manciñas na páxina web do Concello de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta