Aberto o prazo de axudas da Deputación da Coruña para agrupacións de Protección Civil

O organismo provincial coruñés adxudicou as obras de mellora e renovación do firme do tres primeiros quilómetros da estrada provincial DP 6805 de Campase a Pazos, en Ponteceso.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/03/2021 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña abriu o prazo de solicitude das axudas dirixidas ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil para as súas actividades neste 2021, segundo informa.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) acaba de publicar a convocatoria desta liña de subvencións, que conta cun orzamento de 60.000 euros, para financiar as actividades das agrupacións da provincia que pertenzan ou desenvolver o seu traballo en concellos con menos de 50.000 habitantes. As contías a conceder poderán oscilar entre un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 12.000 euros.

Por outra banda, o organismo provincial coruñés adxudicou as obras de mellora e renovación do firme do tres primeiros quilómetros da estrada provincial DP 6805 de Campase a Pazos, en Ponteceso, cun investimento de 291.707 euros. A sede da institución provincial acollerá este xoves a firma do contrato, que permitirá comezar as obras de forma inmediata, sinala.

Pleno telemático da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Pleno telemático da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta