Cal é a mellor estratexia de restauración no vertedoiro das Pontes?

Unha tese de doutoramento demostra que a oxidación dos materiais xeolóxicos ricos en sulfuros metálicos provoca a acidificación intensa dos solos e augas.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Ivana María Rivas Pérez, licenciada en Ciencias Químicas, demostrou que a selección de materiais estériles, con baixo contido pirítico, resulta ser a estratexia de restauración máis efectiva no vertedoiro das Pontes.

Terreos afectados pola explotación mineira en As Pontes e, á dereita, lago creado na zona tralo cese da actividade
Terreos afectados pola explotación mineira en As Pontes e, á dereita, lago creado na zona tralo cese da actividade | Fonte: USC

Así o conclúe a súa tese de doutoramento, que presentou na Escola Superior Politécnica de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, baixo o título ‘Estériles piríticos de mina: Avaliación de distintas técnicas de restauración e estudo comparativo do potencial de adsorción de contaminantes’.

Nesta, a científica analizou os problemas que depara a presenza de materiais xeolóxicos ricos en sulfuros metálicos, como a pirita, nos labores de restauración dos espazos mineiros a ceo aberto, como os xerados durante a minería metálica ou a de extracción de carbón en As Pontes de García Rodríguez.

A oxidación destes materiais provoca a acidificación intensa dos solos e augas, e favorece a disolución do aluminio e outros elementos tóxicos. Daquela, os materiais piríticos poden ter capacidade de reter contaminantes, como metais pesados e metaloides, e, polo tanto, poden ser útiles para evitar a súa transferencia ao medio hídrico e á cadea trófica.

"O estudo desta dobre vertente é interesante, sobre todo cando se levan a cabo estratexias de restauración e/ou descontaminación de zonas afectadas por metais e metaloides", mantén Rivas Pérez.

Por isto, a selección de materiais estériles, con baixo contido pirítico, é a mellor maneira de restaurar no vertedoiro de As Pontes, xa que proporciona as condicións físico-químicas máis favorables para o desenvolvemento vexetal a curto e longo prazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta