Cal é o papel de Feijóo tras o golpe político de Ayuso que deixa tocado a Casado?

O presidente galego evita falar da crise aberta no PP e acusa ao PSOE de "conducta adolescente" por impulsar "tres mocións de censura" en momentos de crise.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2021 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

"Quen se xoga algo é a Comunidade de Madrid, non Pablo Casado. El foi coherente ao respectar a decisión da presidenta madrileña É Madrid a que se xoga elixir dous modelos: un centroliberal e reformista e outro que é o socialismo e populismo". Deste xeito tentou despachar Feijóo a controversia xurdida dentro do PP tras a decisión de Isabel Díaz Ayuso de convocar eleccións anticipadas en Madrid sen case consultalo con Pablo Casado. Unha decisión que deixa moi tocado o su liderato dentro do PP.

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso; o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy; e o presidente do PP, Pablo Casado, na toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia
A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso; o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy; e o presidente do PP, Pablo Casado, na toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

En todo caso, e a pesar da inestabilidade política que isto pode xerar no conxunto do Estado, Feijóo tentou, como puido, defender a decisión de Ayuso e a Pablo Casado ao mesmo tempo, responsabilizando de todo ao PSOE. "A crise non é pola decisión da presidenta de Madrid, senón polas mocións de censura impulsadas polo PSdeG e a soprendente actitude de Ciudadanos", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Así, criticou duramente ao PSOE, "que preside o goberno", por iniciar unha "escalada imparable" na actual situación de "inestabilidade económica e sanitaria" coa "presentación de tres mocións de censura en Madrid, Murcia e Castela e León", cando a única moción de censura presentada conxuntamente foi a de Murcia.

Feijóo tentou darlle volta á tortilla e responsabilizar da inestabilidade política que existe en Murcia e en Madrid aos socialistas aos que acusou de provocar "inestabilidade" con "conductas adolescentes". 

Neste sentido evitou responder á posibilidade de que o aliado natural do PP sexa agora Vox e contestou apuntando a súa reforzada maioría absoluta. "Teño un goberno estable sen chantaxes e que non é dirixido en sedes a 600 quilómetros, nin está cada 48 horas nas noticias por falar fóra do goberno o que non se fala no goberno. As intrigas e maniofras deberían eliminarse dunha vez", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta