A "Caixa B" e a corrupción en Vigo

A contundente denuncia do ex-alcalde socialista Carlos A. González Príncipe contra o actual rexedor vigués Abel R. Caballero Álvarez, abre a seria sospeita de manexos irregulares na xestión municipal.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 08/09/2013

Comparte esta noticia
Durante todos os gobernos municipais, da etapa da democracia e monárquica, foi e é vox pópuli, que en cada período, o partido gobernante utilizaba o seu poder institucional para financiar ao seu propio partido. Tamén para pagar as campañas electorais e enchufar aos seus seguidores máis incondicionais, no armazón laboral do Concello ou nas empresas prestadoras de servizos. Cando un empregado moléstalles, bótano, como é o caso de María Pérez González traballadora de Centro Social de Coruxo e actual presidenta da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo «Eduardo Chao».
 
A corrupción en Vigo xa vén de antes, mesmo da derradeira etapa do franquismo, cando o alcalde Rafael J. Portanet Suárez adxudicou en 1968 á Viguesa de Transportes, S.L. (Vitrasa) os servizos de transportes públicos. Naquela oportunidade amañouse o outorgamento da concesión, recibindo os concelleiros valiosas e custosas alfaias para as súas conxugues. A operación saíu mal e terminaron sendo xulgados. Malia iso a devandita concesionaria segue impoñendo os seus servizos, goberno tras goberno.
 
Na democracia iniciouse a privatización dos grandes servizos e comezou a creación das “Caixas B”, dos partidos «gobernantes do sistema». Obras faraónicas, museos, monumentos, campañas de publicidade, eran algunhas das actividades, que permitían seguir agrandando a “Caixa B”. Doutra banda cando o Concello xa non podía absorber máis empregados, asesores de libre designación ou contratados, entón acudían ás empresas privadas, que tiñan relación contractual co Concello. As empresas beneficiadas lograban situar por centos de enchufados, que segundo o comportamento político, anos tras ano, íanlles renovando o contrato. Deste xeito os partidos que gobernaron Vigo, puideron seguir gañado eleccións ou ter un importante nivel de representación institucional. Malia que todo isto é “archí-coñecido”, ningún partido ou cidadán, levou xamais esta denuncia perante os tribunais, para que se faga unha seria investigación.
O escándalo Barcenas, os ERES de Andalucía, o Caso Campión, pon sobre a opinión pública, o debate sobre a corrupción e o financiamento ilegal dos partidos políticos tradicionais. Esta corrupción tamén aniña en moitos municipios galegos e Vigo semella que non podía ser menos.
 
O ex-alcalde de Vigo Carlos Príncipe acusou publicamente a Abel Caballero e ao seu camarilla na dirección do PSOE en Vigo, -segundo as súas propias palabras- de tecer unha rede que, está abusando e mal usando os medios públicos, os contratos públicos e os postos de traballo públicos, para conseguir adhesións persoais.
 
Esta grave acusación, non pode quedar tan só nunha declaración de prensa. O xulgado de Anti-corrupción de Galicia ten que tomar cartas neste asunto tan sensible na nosa sociedade. Namentres, Carlos Príncipe terá que aportar todos os datos que teña para coñecer en profundidade como se expresa a corrupción na nosa cidade. Como corresponde, se existen políticos corruptos, terán que ser xulgados e condenados.
 
As “Caixas B”, o uso opaco dos orzamentos municipais, os donativos, as transferencias diñeirarias de empresas e corporacións privadas e o enchufismo laboral, fan que estes partidos se perpetúen no poder, incidindo na conciencia electoral do conxunto dos veciños, burlando a verdadeira vontade popular.
 
Estes presuntos delitos poñen en dúbida a legalidade política dos que gobernan. Neste caso a legalidade e representación do actual Alcalde de Vigo. Entrementres a oposición con representación no Concello de Vigo non di nada. Cala e o que cala outorga e termina sendo cómplice.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.