Sobe a incidencia de casos covid en centros educativos

Aumentan a 485 os contaxios e as aulas pechadas mantéñense en 23.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --infantil e ensino non universitario-- incrementáronse lixeiramente ata os 485, un máis que a última xornada na que se actualizaron datos, despois de 19 novos positivos e 18 altas. Pola súa banda, as aulas clausuradas mantéñense en 23.

Segundo os datos actualizados este martes pola Xunta, a Escola Infantil PAI de Tordoia (A Coruña), situada na área sanitaria de Santiago, segue como único centro pechado en Galicia debido a un positivo no mesmo.

Por áreas sanitarias, a da Coruña concentra o maior número de casos activos en centros na Comunidade galega, con 203, o que supón 11 máis que os datos difundidos o sábado pasado. Ademais, ten seis aulas pechadas, tres máis. A área de Ferrol suma cinco máis, que elevan a 67 os casos activos. O CPR Tirso de Molina de Ferrol, con 34 positivos --cinco máis que ao peche da semana pasada-- conta coa maior cifra de Galicia tras un cribado realizado entre alumnos e profesores asintomáticos. Ademais, na área ferrolá mantéñense cinco aulas pechadas --sen cambios--, catro delas no CPR Tirso de Molina de Ferrol, segundo os datos da Xunta.

A área sanitaria de Vigo conta con 74 contaxios --cinco menos-- e con cinco aulas pechadas --unha menos--; mentres que a de Pontevedra reduce a 49 os seus casos activos --13 menos-- e a tres as aulas pechadas --dúas menos--. Pola súa banda, a de Santiago mantén 39 casos activos e continúa sen aulas pechadas, pero segue como a única área de Galicia cun centro pechado --a Escola Infantil PAI de Tordoia--.

Como as áreas con menor incidencias seguen as de Lugo e Ourense. No caso da lucense concentra 31 casos --dous máis-- e unha aula pechada --sen cambios--, mentres que a de Ourense sobe a 22 positivos --un máis-- e mantense con tres aulas inoperativas.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta