Terremoto de magnitude 3,1 en Calvos de Randín

É o quinto sismo que se rexistra na provincia de Ourense nos últimos días.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 16/03/2021 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Os medidores do Instituto Sismográfico Nacional captaron un sismo rexistrado na tarde deste martes con epicentro no municipio ourensán de Calvos de Randín.

O terremoto, de 3,1 de magnitude, produciuse ás 16,10 horas deste martes no leste do concello situado na fronteira de Galicia con Portugal.

Sismo de 3,1 de magnitude con epicentro no concello ourensán de Calvos de Randín
Sismo de 3,1 de magnitude con epicentro no concello ourensán de Calvos de Randín | Fonte: INSTITUTO SISMOGRÁFICO NACIONAL.

Trátase do quinto sismo en pouco máis de 24 horas na provincia de Ourense. O último tivo o seu epicentro en Riós, outro concello do sur ourensán, aínda que a magnitude foi de 1,8; case a metade que o captado en Calvos.

No entanto, o 112 sinala na súa conta de Twitter que, polo momento, a súa central non recibiu ningunha chamada alertando de posibles incidencias na zona do terremoto de Calvos de Randín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta