Jácome insiste no centro de intelixencia artificial e pide unha carreira para o campus de Ourense

Vén de solicitar á Xunta a creación deste grao no campus universitario da cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, remitiu unha carta ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, para reivindicar a implantación no campus de Ourense do Grao de Intelixencia Artificial como nova titulación universitaria para o curso 2022-2023.

Na súa misiva, o rexedor lembra que desde o Concello de Ourense se impulsou "a creación e desenvolvemento dun Centro de Intelixencia Artificial que pretende ser unha referencia tanto nacional como internacional" na materia. Por iso, considera un apoio "fundamental" para a súa consolidación que se poida implantar un Grao de Intelixencia Artificial no campus de Ourense.

Entre os puntos que avalan esta proposta, o rexedor menciona que foi a Escola Superior de Enxeñaría Informática "a primeira en mostrar o seu interese formalmente por esta titulación", e que o perfil tecnolóxico "encaixa coa Universidade de Vigo", á que pertence o campus.

O goberno municipal comprometeu "involucrarse plenamente no desenvolvemento deste proxecto" dando as "máximas facilidades" para que leve a cabo. Neste sentido, o alcalde asegurou que o Concello estaría en disposición de colaborar na construción do novo edificio que acollería a titulación universitaria, achegando terreos para a súa edificación ou colaborando economicamente na execución das obras.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Falei

Si. Vaille facer falla "intelixencia artificial", pois "natural" non ten....