Blas García (PSdeG) perfílase como futuro alcalde de Ames, mentres que Santomil (BNG) exercerá de interino

García, moi próximo a Miñones, ocupou o número tres da lista do PSOE nas pasadas eleccións municipais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O edil do BNG David Santomil exercerá como rexedor interino de Ames (A Coruña) ata a investidura dun novo alcalde, cargo para o que se perfila o actual portavoz do PSOE local, Blas García.

Tras a formalización da renuncia do que era primeiro edil desta localidade desde 2015, o socialista José Miñones, que foi nomeado este martes como novo delegado do Goberno, ábrese un prazo de 10 días para que se designe a unha nova persoa para ocupar o cargo.

Precisamente, conforme conformaron a Europa Press fontes socialistas, co obxectivo de nomear a un novo candidato, a executiva do PSOE de Ames celebrará na tarde deste martes unha reunión, na que se prevé que Blas García, actual portavoz dos socialistas, sexa o elixido para o posto.

En concreto, Blas García, que tamén é deputado provincial, forma parte da corporación municipal de Ames desde 2014. Primeiro estivo na oposición e, desde a chegada dos socialistas á Alcaldía en 2015, é portavoz municipal do PSOE.

García, moi próximo a Miñones, ocupou o número tres da lista do PSOE nas pasadas eleccións municipais, nas que concorreu como número dous do PSOE Luisa Feijoo.

Blas García
Blas García | Fonte: Concello de Ames

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta