Aumentan a 168 os contaxios de Covid en vésperas dos festivos de Semana Santa

Aumentan a 30 os pacientes en UCI e baixan a 167 os ingresados noutras unidades, mentres a taxa de positividad sobe a un 3%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 e os novos contaxios experimentaron unha repunta en Galicia ata os 2.354 e 168, respectivamente, nas vésperas dos festivos desta semana Santa, mentres que os pacientes en UCI aumentaron a 30 e os que permanecen noutras unidades descenderon a 167.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, os pacientes Covid ingresados descenderon de 207 a 197, o que supón dez menos. Deles, 30 atópanse en UCI --catro máis-- e 167 noutras unidades --14 menos--.

En canto ás áreas sanitarias, a presión asistencial baixa nas da Coruña e Cee; Santiago e Barbanza; Ourense; Vigo e Lugo, mentres que se mantén na de Pontevedra e O Salnés e sobe na de Ferrol, que volve ter pacientes en UCI.

Deste xeito, na da Coruña e Cee seguen 15 pacientes Covid en UCI e descenden a 57 os que se atopan noutras unidades --catro menos--; na de Santiago e Barbanza mantéñense dous en críticos e caen a 15 os doutras unidades --tres menos--, mentres que na de Lugo hai dous en UCI --sen cambios-- e 10 noutras unidades --dous menos--.

Pola súa banda, na de Ourense seguen dous pacientes Covid en UCI e baixan a 18 as persoas ingresadas noutras unidades --dous menos--; mentres que na de Vigo, aínda que soben a cinco o críticos --un máis--, redúcense a 39 os hospitalizados con este coronavirus noutras unidades --dúas menos--.

En canto á área de Pontevedra e O Salnés, aumentaron a dous os pacientes en UCI --un máis-- e baixado a 18 os doutras unidades --un menos--; mentres que na de Ferrol seguen dez persoas en unidades de hospitalización convencional con Covid e hai dúas en UCI despois de varios días sen pacientes en críticos.

MÁIS CASOS ACTIVOS E CONTAXIOS

Segundo os datos actualizados este mércores, os casos activos de Covid volveron a ascender, tras a redución da xornada pasada, e sitúanse en 2.354 --o que implica 47 máis--, ao haber máis contaxios (168) que altas (116).

Por áreas sanitarias, os casos activos subiron nas de Vigo (+30); Ourense (+14); Pontevedra e O Salnés (+13); Santiago e Barbanza (+13); Lugo (+1) e Ferrol (+1), mentres que baixan unicamente na que conta con máis, a da Coruña e Cee (-25).

Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense á cabeza con 791; seguida da de Vigo, con 619; Santiago e Barbanza, con 268; Pontevedra e O Salnés, con 231; Lugo, con 169; Ourense, con 145; e á cola Ferrol, con 131. En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba en toda Galicia experimentaron un repunte a 168, tras caer a 107 este martes tras iniciar esta semana con 133.

Do total de novos contaxios, 148 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas --63 máis que a xornada anterior--, deles 59 na área de Vigo; 26 na da Coruña e Cee; 21 na de Pontevedra e O Salnés; 18 na de Santiago e Barbanza; 12 na de Ourense; 10 na de Lugo; e dous na de Ferrol.

Por tanto, os contaxiados de Covid-19 na Comunidade galega ascenden a 117.024, dos que 28.407 corresponden á área da Coruña e Cee; 22.204, á de Vigo; 18.492, á de Santiago e Barbanza; 14.852, á de Ourense; 12.767, á de Pontevedra e O Salnés; 12.046, á de Lugo; e 8.256, á de Ferrol.

REPUNTA A TAXA DE POSITIVIDADE

Ata a data da última actualización de datos, a Comunidade galega levou a cabo 1.851.886 PCR, que supoñen 5.502 probas máis que a xornada anterior --case 400 máis que as contabilizadas o día pasado--.

No relativo á taxa de positividade repuntou a un 3 por cento tras caer a xornada anterior a un 1,4%, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

Veciños de Abegondo asisten ao cribado realizado no municipio / Concello de Abegondo. / Europa Press
Veciños de Abegondo asisten ao cribado realizado no municipio / Concello de Abegondo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta