A pegada de Pontevedra en América: rescatando as historias das mulleres que cruzaron o charco

A USC e a Deputación de Pontevedra desenvolven un proxecto para poñer en valor a historia das mulleres pontevedresas que deixaron Galicia para facer as súas vidas ao outro lado do charco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López Díaz, asinaron este mércores un acordo de colaboración para o desenvolvemento do proxecto 'Pontevedra en América: unha mirada en feminino', que rescatará as historias de mulleres da provincia que emigraron a América. A presidenta da deputación explicou que "este proxecto" porá en valor a historia das mulleres da emigración para rescatar a experiencia e a mirada feminina e devolvelas "ao lugar que lles corresponde neste ámbito", que deixou unha "pegada fundamental na sociedade galega".

Trátase dun traballo, enmarcado na Cátedra Iberoamericana, que recupera unha mirada feminina na emigración e que se dividirá en tres acciones. Así, publicaranse as historias en formato dixital, organizarase unha exposición cunha explicación histórica audiovisual sobre este tema e poñerase en marcha un "mentoring" de mulleres que retornan.

'Pontevedra en América: unha mirada en feminino investigará as historias dun grupo de pontevedresas de diferentes ámbitos como a cultura, empresa, docencia, entre outros, que deixaron pegada na emigración. Historiadoras, economistas, sociólogas e artistas desta Cátedra da Universidade compostelá analizarán o seu papel.

A directora da Cátedra Iberoamericana, María Cadaval, sinalou que a Deputación de Pontevedra "está a facer un gran labor en materia de igualdade e este proxecto vai na liña de seguir avanzando nese camiño".

A presidenta Carmela Silva destacou que, con esta iniciativa, porase en valor a historia de "tantas mulleres pontevedresas que foron ignoradas, esquecidas e invisibilizadas pola historia a pesar da súa forte implicación nas migracións laborais e políticas que sucederon no pasado século". Pola súa banda, o reitor da USC, que incidiu en que aínda non hai "igualdade efectiva entre homes e mulleres", considerou "positivo" todo o que se faga e mostrouse "moi satisfeito" por facer realidade este proxecto xunto á Deputación de Pontevedra.

Mulleres emigrantes galegas na Institución Hijas de Galicia
Mulleres emigrantes galegas na Institución Hijas de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta