O BNG denuncia "fraude" na tramitación de dous proxectos eólicos no Deza

A formación nacionalista critica que se presenten macroparques eólicos de xeito fragmentado e encadra a actuación na "gran ofensiva" do sector en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O BNG denunciou a "fraude" do que acusa á tramitación de dous proxectos eólicos desenvolvidas en tres municipios da comarca do Deza e que, segundo a formación frontista, forman parte "un único" parque que, desta forma, busca "flexibilizar" a aplicación da normativa ambiental.

Así o expresou o deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego, que visitou Lalín acompañado por representantes do BNG nos municipios sobre os que se asentan estes proxectos que, para a formación frontista, encádrase na "gran ofesiva" do sector eólico para desenvolver iniciativas en Galicia.

"Non podemos permitir que se siga estragando o noso medio natural, as nosas potencialidades agrogandeiras, a nosa paisaxe en favor de grandes empresas espoliadoras que levan o beneficio que obteñen no país sen que repercuta nin un só euro en Galicia", aseverou Rego.

O parlamentario asegurou que o "macroparque" de 112 watios proxectado nos municipios de Lalín, Rodeiro e Dozón é "un único proxecto" a pesar de presentarse como dous, pois comparten a mesma liña de evacuación, unha práctica que o Bloque tacha de "fraudulenta", xa que interpretan que busca "flexibilizar a normativa ambiental actual".

"Temos que denunciar esta fraude, xa que afecta a todo o territorio sensible, terreo agrogandeiro e mesmo a especies que se atopan en perigo de extinción", apuntou Rego, que avanzou a presentación de alegacións aos proxectos, que se atopan en período de exposición pública.

Barco pesqueiro no Atlántico Norte / USC. Barco pesqueiro no Atlántico Norte / USC. / Europa Press
Barco pesqueiro no Atlántico Norte / USC. Barco pesqueiro no Atlántico Norte / USC. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta