José Antonio, xerente e responsable técnico da empresa Sergal, advirte de que o picudo vermello arrasou xa gran parte das palmeiras galegas e que só os tratamentos preventivos combinados con outros máis severos se a palmeira está xa afectada poden salvas ás que quedan.
  comenta   0
A maior parte das actuacións centraranse na mellora de fachadas, cubertas e elementos patrimoniais municipais como hórreos, fontes ou palcos de música
  comenta   0
O documental 'Ou Ulla se' recolle a oposición ao proxecto de Altri en Palas de Rei (Lugo) a través de testemuños de veciños e as mobilizacións que protagonizaron en contra desta fábrica da pasteira portuguesa.
O Parque Cabo Vilano, berce da enerxía eólica en Galicia, foi tamén o escenario da primeira repotenciación dun parque na nosa terra: unha transformación pioneira que permitiu substituír 22 antigos aeroxeradores por só dous, máis potentes e eficientes, reducindo o impacto ambiental e integrando a produción de enerxía limpa coa protección da paisaxe e o respecto polos usos sociais do territorio.
  comenta   0
Un informe da USC recolle que "transformou drasticamente a paisaxe e supón serias ameazas para a biodiversidade".
  comenta   0
Francisco Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña (UDC) foi unha figura central na redacción da Lei de Costas de Galicia. Firme defensor dunha xestión sustentable e equilibrada do litoral galego e promotor de reformas lexislativas que consideren tanto o desenvolvemento económico como a protección ambiental, Galicia Confidencial fala hoxe con el para abordar cales son as principais novidades que introduce a nova Lei de Costas.
  comenta   2
Non necesitamos planear ou deseñar un mundo do futuro. Se coidamos o mundo do presente, o futuro recibiría toda a xustiza de nós. Wendell Berry
  comenta   0
"Estamos nun escenario de cambio climático acelerado e, por suposto, de cambio na dinámica mariña, e que iso non se teña en conta para nada na nova lei paréceme moi grave; non se pode planificar un territorio coma se fose un escenario estático, debería planificarse sempre partindo dun escenario dinámico", advirte Augusto Pérez Alberti, docente 'ad honorem' de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) que formou parte do comité asesor da anterior lei de costas.
  comenta   0
O planeamento urbanístico é unha ferramenta crave para o desenvolvemento ordenado das cidades, pero en Galicia a súa aprobación ten sido historicamente un proceso cheo de obstáculos. Centrámonos nesta primeira parte na análise da situación nas urbes de Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol.
  comenta   0
O presidente do Consello Regulador, e recén nomeado presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, vén de manter un encontro co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. A xuntanza serviu para presentarlle proxectos e facer unha valoración dos recursos económicos que destina a Xunta ao territorio.
  comenta   0
Este novo portal, dispoñible en galego, inglés e castelán, permite consultar os límites do territorio proposto para o máximo recoñecemento por parte da Unesco.
  comenta   0
O presidente galego nega que a Xunta retirara a candidatura para beneficiar á de Madrid tal e como suxeriu o alcalde da capital española.
  comenta   1
A Xunta abriu o período de consulta pública previa do anteproxecto de decreto polo que se crean as Directrices de ordenación do litoral (DOL), co obxectivo de reunir achegas e suxestións en relación á elaboración e contido do que asegura que será o "instrumento crave para garantir a xestión integral da costa en Galicia".
  comenta   0
O concello vén de rematar uns traballos de mellora e pavimentación dunha senda peonil.
  comenta   0
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou este mércores en Fitur que a Xunta xa entregou toda a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO.
  comenta   0
A Coruña dispón de "unha paisaxe auténtica e xerador de sentimentos, habitada por xente que aínda hoxe, afortunadamente, vive e traballa nela", reivindicou o vicepresidente e responsable de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pide "sentidiño", para que os viaxeiros que veñen á Comunidade sexan cada vez "de máis calidade e se eleve o gasto medio".
  comenta   0
Juan Picos Martín, enxeñeiro de montes e membro da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo), advirte da importancia de reducir o combustible dispoñible para evitar a propagación dos grandes incendios forestais. Iso, nunha Galicia con centos de miles de eidos de propietario descoñecido, pasa pola loita contra o abandono de terras e pola implicación da Administración e a sociedade no seu conxunto..
  comenta   1
A alcaldesa de Lugo di que "chegan tras 15 anosd e demandas". Os dous novos edificios de Garabolos suman 70 e 74 pisos, respectivamente, e estarán dispoñibles en 2026.
Vilagarcía de Arousa foi quen de instalar este ano un novo atractivo turístico dentro da súa decoración que non hai en ningunha outra cidade galega: burbullas de aire con poboados de Nadal de xoguete no seu interior.
  comenta   0
En concreto, foron un total de 1.056 informes, solicitados principalmente no marco dos procedementos de avaliación ambiental de diferentes plans e proxectos (339) e para determinar os usos compatibles co Plan de ordenación do litoral (429).
  comenta   0
A plataforma STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA promoverá personacións individuais e colectivas na este parque eólico, en trámites previos na Xunta.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial falamos con Yolanda Gómez, concelleira de Cultura da vila, que nos conta que, tras recibir a noticia da candidatura, xa empezaron a preparar os adornos no mes de agosto: "Quedabamos todas as mañáns e tardes de agosto durante case 20 días para facer toda a decoración que logo puxemos na ponte; moitos adolescentes ao saír da piscina viñan alí cortar teas e facer adornos".
  comenta   0
Despois de levar xa 6 anos realizando expedicións a grandes montañas, asegura que "a máis de 7.000 metros o mal de altura pode acabar contigo". Premiado pola Federación Galega de Montaña por ter coroado o Gasherbrum II (8.035 metros), reflexiona sobre a saturación turística nalgúns cumios e conta ao GC como logrou este reto.
  comenta   0
“Un 45 % dos concellos galegos teñen un planeamento urbanístico anterior á lexislación de 1997, o que significa que un 45 % da poboación rexional vive en territorios con planeamentos obsoletos" din desde a AGAU
  comenta   0
O DOG recolle o seu valor como patrimonio cultural inmaterial por representar un código de comunicación que revela "tradición e identidade".
  comenta   0
Genaro Da Silva, de Biosfera Consultoría Ambiental, conta ao Galicia Confidencial como tiveron que trasladar o hábitat enteiro desta bolboreta "cun ciclo biolóxico moi delicado" a outro lugar para poder preservala. Trátase da 'Maculinea alcon', unha bolboreta que se aproveita das formigas para alimentarse no súa etapa como eiruga.
  comenta   0
Matemáticos galegos do CITMAga traballan na caracterización do fondo mariño do litoral galego co fin de coñecer o seu estado e poder predicir a súa evolución.
  comenta   0
O plan recolle un taballo de inventariado da toponimia e das lendas asociadas ao lugar ou un estudo arqueolóxico da Torre da Mon, así como visitas con xeólogos.
  comenta   0
A Xunta concedeu nos últimos catro anos preto de 2.400 axudas para a mellora de inmobles e outras instalacións que movilizaron un investimento total de 14 millóns de euros. Os apoios da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático promoven o ‘fermosismo’ na Comunidade financiando actuacións tanto en edificacións de titularidade municipal como privada .
  comenta   2
Este 2024 é o segundo ano con menos hectáreas queimadas da última década. Expertos afirman que as choivas que se están a rexistrar nas últimas semanas poderían paliar a sequedade do chan tras a calor de agosto.
  comenta   0