Unha gran cúpula sobre o Atlántico, así celebra Zara os seus 50 anos na Coruña

A firma inaugura a unha gran instalación expositiva da artista Es Devlin na Cúpula Atlántica do Monte de San Pedro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/07/2025 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Zara inaugurou, no marco da celebración do seu 50 aniversario, unha gran instalación cinética na Coruña creada pola artista Es Devlin. A compañía, que cumpriu 50 anos o pasado 9 de maio, continúa a celebración do seu aniversario coa restauración e reapertura o próximo 3 de xullo do Observatorio da Cúpula Atlántica da Coruña, que domina a cidade e a súa costa desde o Monte de San Pedro.

No interior deste espazo, os visitantes atoparán a instalación cinética '50 Songs of the Sea', creada pola artista e deseñadora británica Es Devlin para o interior da cúpula do Observatorio, de 28 metros de diámetro. A obra de Es Devlin, artista coñecida polas súas instalacións, performances e obras de arte lumínicas a gran escala, consiste en tres círculos concéntricos xiratorios, que permiten a 288 visitantes rotar mentres se ven envolvidos por unha proxección e unha paisaxe sonora que evoca o espírito deste lugar sobre as ondas do Atlántico. Pon voz á narración a actriz española Elena Anaya.

Unha banda de LED no exterior da cúpula proxectará o texto de 50 poemas relacionados co mar. A vista desde a cúpula inclúe a Torre de Hércules, proxectando a súa fai de luz sobre o océano. En palabras da artista, "a Cúpula Atlántica atópase na cima do Monte San Pedro, nun promontorio que recibe toda a forza das ondas e os ventos do Atlántico".

Instalación de Es Devlin promovida por Zara na cúpula do Monte de San Pedro
Instalación de Es Devlin promovida por Zara na cúpula do Monte de San Pedro | Fonte: ZARA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta