Por gcdeportes | Compostela | 21/09/2013 | Actualizada ás 02:14
Ficha técnica
Hospital Llevant Manacor: Miguel Medina, Vadillo, Joselito, Manu e Chicho --cinco inicial--, Taffy, Lemine, Toni Terrón, Joao Batista, Pope e Pablo Salado.
Santiago Futsal: Raúl, David, Lucho, David Pazos e Quintela --cinco inicial--, Barroso, Chus, Palomeque, Eloy Rojas, Tallón e Santi.
Goles: 0-1 Lucho (min 1), 1-1 Bruno Taffy (min 18).
Árbitros: Fortes Pardo e Martínez Flores do colexio murciano. Tarxetas amarelas para Vadillo, Pablo Salado, Chicho e Taffy e para Eloy Rojas, Diego Quintela e Barroso do Santiago Futsal.
Incidencias: Partido da segunda xornada da LNFS no Palma Arena.
O Santiago Futsal sumou un punto na súa visita ao Manacor ao empatar 1-1. Os composteláns adiantáronse no primeiro minuto pero os manacorís aproveitaron as súas ocasións empatando antes do tempo de lecer. Na segunda parte, moi igualada, non se moveu o marcador.
O partido principiou cun Santiago Futsal enchufado, que saiu a por todas e púxose por diante no primeiro minuto cun gol de Lucho. Os de Santi Valladares eran moi superiores, xenerando ocasións moi claras na portería de Miguel Medina, con ata tres disparos ao pau. Gastados os minutos, o equipo local comezou a ter perigo e Taffy fixo o empate no 18.
A segunda parte foi máis igualada, cun partido máis trabado no que os composteláns perderon o control do balón. Houbo ocasións en ambalas portarías e a 4 minutos da fin, o Manacor cargouse de faltas. Calquera puido levarse os tres puntos, se ben os locais tiveron unha inmellorábel ocasión a 4 segundos do final: Chicho enviou o balón ao pau.
Santi Valladares lamentou as ocasións erradas ao principio do partido e recoñeceu que na segunda parte non andiveron finos. “A realidade é que foi un partido moi competido e o resultado é xusto”, apuntou o adestrador compostelán.
A estrea en Vista Alegre
Encontro de moita igualdade, con numerosas ocasións nas dúas portarías e un resultado axustado ata a fin. Rafa Usín fixo o 0-1 no minuto 15 cun zapatazo pegado ao pau. A reacción dos locais foi inmediata, xa que Isi empatou cun disparo baixo tras un córner, para marchar en táboas ao descanso. Nada máis sair dos vestiarios, Jesulito aproveitou un balón morto fóra da área e fixo o 1-2. Houbo máis ocasións (Matamoros enviou unha ao pau), pero o Xota defendeuse ben e levouse os tres puntos de Burela.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, David, Hugo e Matamoros --cinco inicial--; Tolrá, Rafa Usín, Íñigo, Dani Saldise, Joni e Víctor Arévalo.
CD Xota Navarra: Asier, Eseverri, Jesulito, Roberto Martil e Carlitos --cinco inicial--; Antoñito, Juanma, Mimi, Iago Míguez e Christian.
Goles: 0-1, minuto 15, Rafa Usín; 1-1, minuto 17, Isi; 1-2, minuto 22, Jesulito.
Árbitros: Del Pozo García e López Jiménez, do colexio madrileño. Amarelas para Jesulito (minuto 24) e Íñigo (minuto 28).
Incidencias: Partido da segunda xornada da LNFS, emitido por Energy TV. Uns 1.000 espectadores.
Derrota do Azkar
Xa no sábado, o Azkar Lugo perdeu 1-5 co Marfil Santa Coloma na súa estrea na casa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.