Narón, única sede do Campionato de España de rallyes de asfalto en Galicia

Acollerá un campionato este sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A localidade de Narón e a comarca de Ferrolterra acollerá este sábado, 24 de maio, a única cita en Galicia do Campionato de España de rallyes de asfalto (CERA), unha proba que foi presentada este luns e que percorrerá estradas de Narón, As Somozas, Moeche, Cerdido, San Sadurniño e Valdoviño, cun esixente trazado de cinco tramos cronometrados que serán afrontados por un total de 83 equipos inscritos.

Na presentasción celebrada na Praza de Galicia de Narón, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o apoio ininterrompido da institución durante 37 anos a unha proba que esperta unha "paixón tremenda" entre miles de afeccionados. "Para a Deputación de Coruña é un orgullo dar resposta non só á escuadra, senón a miles de afeccionados que hai nesta comarca", afirmou antes de agradecer a colaboración de todos os municipios implicados e as forzas de seguridade.

Pola súa banda, a alcaldesa de Narón Marián Ferreiro (TEGA), rememorou os inicios humildes do rallye e celebrou a súa consolidación como proba puntuable para o Campionato de España. "Eu creo que, naquel momento, cando se empezaba, non se proxectaba un futuro tan longo. E isto é por moitas persoas implicadas", sinalou para estender o seu agradecemento ás institucións, federacións e, especialmente, á Escuadra Siroco Narón e os seus 300 voluntarios.

MÁIS DE 2.300 LICENZAS EN GALICIA

A delegada da Xunta en Ferrol, Mariña Aneiros, cualificou o Rallye de Narón como "unha das probas deportivas máis importantes" desta localidade e unha "referencia no automobilismo" galego e nacional, sendo a única cita galega na CERA. Así mesmo, agradeceu especialmente á Escuadra Siroco polo seu traballo desde os anos 80, que converteu este campionato nunha cita de "prestixio e categoría". Aneiros destacou o auxe do automobilismo en Galicia, con máis de 2.300 licenzas, e ha reaformiado o apoio da Xunta a este tipo de eventos.

Control no rallye de Narón
Control no rallye de Narón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta